O Xerador on-line para crear as túas Cazas de tesouros e a súa correspondente páxina de axuda acerca da súa utilización  está tamén dispoñibel en castelán, inglés, catalá e italiano, elixe o idioma que desexes:

 Agradece a traducción ó galego polos bolseiros do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago e a coordinación de Amador Loureiro do Ciberlingua http://www.ciberlingua.org"
 

É hora de nos pór mans á obra e elaborar nós unha "Caza de tesouros" dunha forma guiada moi sinxela.
Calquera persoa, sen máis coñecementos que saber utilizar o navegador, estando conectada a Internet pode aqui elaborar on-line a súa própria "Caza de Tesouros" ben en forma de folla de traballo para ser impresa ou en forma dunha páxina Web.
 
IMPORTANTE NOVIDADE  Nesta nova versión do xerador hai que destacar como principal mellora o feito de que mediante un único e sinxelo procedemento común gárdanse ben as actividades creadas en calquera navegador.

 

É recomendable crear unha carpeta no teu disco duro onde gardarás a páxina web xerada e onde previamente porás as imaxes que desexas incluír nela, arquivos *.gif (poden ser animados) e *.jpg.

      O formato GIF (Graphics Interchange Format) emprégase con imaxes de 256 cores, polo que é máis apropriado para iconas e debuxos. O método de compresión que usa fai que non perda calidade, de modo que ao descomprimir a imaxe queda como o orixinal sen premer.

    O formato de compresión JPG (ou .jpeg, Joint Photographics Experts Group) é adecuado para fotos de 16.7 millóns de cores. O grao de compresión pódese regular ao gardar o arquivo neste formato, de modo que máis calidade supón menos compresión. Para nos facer unha idea sobre isto: unha foto de 800x600 en formato BMP ocupa uns 1.400 Kb, en JPG uns 75 Kb.
A creación da carpeta podes facelo desde O MEU PC de Windows
e chamala por exemplo A_miña_Caza Para iso preme sobre Ficheiro/Novo/Carpeta:

Aparecerache:

A continuación selecciónaa co rato, calca sobre: Arquivo>Cambiar nome e nomeaa por exemplo        A_miña_Caza ou o nome que máis che guste.

Só se precisan tres pasos para elaborar a tua Caza: que che explicamos pormenorizadamente a continuación, pero dada a súa simplicidade se cadra resulte máis didáctico que entres directamente ou o intentes sen máis e se tes dúbidas tornas ás explicacións despois de terlle botado unha primeria ollada.

              

Introducir os datos nos campos correspondentes: Título do Proxecto, Autor/a, Área, Nivel, Dirección de correo electrónico, Palabras chave, Descrición, Introdución, Tarefa, Proceso, Recursos, Avaliación, Conclusión e Créditos.

Se temos o texto escrito noutro documento electrónico podemos "Copiar" e “Pegar".

Todos os campos (agás Autor/a, Área, e-mail e Nivel) son opcionais, non é obrigatorio cubrilos, os que deixes en branco non aparecerán na páxina Web xerada.

Descrición: É unha breve descrición da páxina creada. Por exemplo: “Caza do tesouro sobre as baleas para estudiantes de primaria”. Esto mellora a búsqueda desta páxina mediante os buscadores.

En "Palabras chave" escribimos unha serie de palabras que  servirán ós motores de busca para que cataloguen a nosa páxina. As palabras e expresións que utilicemos deben   separarse por comas, por exemplo caza do tesouro, ensino, actividades en Internet. Posteriormente, cando un usuario acuda a un buscador e busque, por exemplo, a palabra "Caza" ou a expresión "Actividades de ensino usando Internet", obterá unha multitude de entradas, entre elas probablemente a da nosa páxina  e poderá visitala sen necesidade de saber previamente a sua dirección de Internet.

Podes seleccionar o tipo de letra, a cor do texto e a cor de fondo da páxina marcando nas opcións correspondentes.
Na imaxe inferior vemos como un usuario seleccionou ( facendo clic na opción correspondente )
Arial como tipo de letra, marrón como cor do texto e branco como cor de fondo.


 

  • Se desexas algunha cor que non está dispoñíbel podes introducir o seu código. Na linguaxe HTML cada cor ten un código formado por números e letras, calca aquí para ver unha lista de códigos.

  • Se desexas algún tipo de letra que non está dispoñíbel podes introducir o seu nome no campo correspondente.

O seguinte menú despregábel ten unha listaxe cos nomes das fontes mais populares.

Teña en conta que cando o navegador dun visitante descarga unha páxina dun sitio web, só pode visualizar as fontes que están instaladas no seu sistema. ¿Que ocorre cando unha fonte dunha páxina non estea dispoñíbel no sistema do visitante? Visualízase entón a páxina coa fonte predeterminada do navegador (xeralmente, Times New Roman, Arial e Courier New en Windows e Estafes, Helvetica e Courier no sistema operativo Mac). Por iso nas súas páxinas Web, utilice aquelas fontes que poidan estar con maior probabilidade nos sistemas dos visitantes.

Podes escoller tamén o tamaño de letra nun menú despregábel. Con iso cambiase o tamaño do texto normal e os demais tamaños (o pequeno dos marcadores e o maior do título) aparecerán nun tamaño proporcional ao que escolleras.

Podes pór como fondo de páxina unha imaxe co fin de facela máis atractiva e, en definitiva, de aumentar a motivación do alumno, por exemplo a páxina que estás lendo usa unha imaxe como fondo.

Da mesma forma que podes pintar ou empapelar unha parede podes "empapelar" unha páxina cunha imaxe. Un Explorador normalmente realiza un mosaico cunha imaxe para cubrir o fondo por completo polo que non hai necesidade de usar unha imaxe grande. De feito canto menor sexa a imaxe, máis rápido será o proceso de descarga no explorador. A velocidade é sempre unha consideración importante, xa que os visitantes da túa páxina poderían pasarse a outra se a túa tarda demasiado tempo en se descargar. Non todas as imaxes poden usarse como fondo, por exemplo un gráfico pormenorizado da nave da Guerra das Galaxias pode non só dominar a pantalla, senón tamén facer que o texto da súa páxina sexa ilexíbel. As imaxes de fondo máis efectivas son pequenas e con texturas, que poden ser repetidas unha tras outra ata formar un fondo completo, proporcionando un fondo grato que non domine a páxina.

Para especificar unha imaxe para o fondo da páxina debes escribir o nome do arquivo gráfico que desexas pór como fondo de páxina por exemplo liñafondo.gif no campo Textura: que debes poñer previamente na carpeta A_miña_Caza.

Podemos inserir imaxes en todos os apartados da nosa WebQuest, o que merece unha explicación detallada. Deamos por suposto que estes arquivos de imaxe se encontran na carpeta A_miña_WebQuest , así para inserir unha imaxe simplemente teremos que introducir o seu nome coa súa extensión podendo escoller se desexamos que se aliñe á esquerda, no centro ou á dereita.

Vexámolo cun exemplo:

Colocamos en A_miña _WebQuest a imaxe dedos.gif , e no campo Imaxe: pomos dedos.gif , se a aliñación escollida é Esq. aparecerá:

INTRODUCCIÓN:


  Onde se lle proporciona ó alumno a información inicial da actividade e se lle trata de motivar e despertar mostrándolla atractiva e divertida.

Se a aliñación escollida é Centro aparecerá:

INTRODUCCIÓN:

Onde se lle proporciona ó alumno a información inicial da actividade e se lle trata de motivar e despertar mostrándolla atractiva e divertida.

Se a aliñación escollida é Drta. aparecerá:

INTRODUCCIÓN:


Onde se lle proporciona ó alumno a información inicial da actividade e se lle trata de motivar e despertar mostrándolla atractiva e divertida.

Se o arquivo de imaxe estivera dentro dunha carpeta chamada imaxes que á súa vez está dentro da carpeta A_miña_Caza, teríamos que poner: imaxes/nomeImaxe.jpg
En todos os campos de texto onde pomos a Introducción, a tarefa etc observarás que aparece o botón o que é moi importante para que nos quede un bo deseño. Este botón permítenos ao premelo unha vez inserir un salto de liña, vexámolo cun exemplo:

Supoñamos que queremos poñer no apartado Preguntas o seguinte:

Responde no teu caderno ás seguintes preguntas:

1. ¿Qué arquitecto construiu o actual Museo Galego de Arte Contemporáneo?
2. ¿A carón de que outro museo está?
3. ¿En que datas se inaugurou e con cantas obras?

Para que na nosa páxina final apareza así no campo de texto Preguntas teclearemos:

Responde no teu caderno ás seguintes preguntas:

A continuación pulsaremos dúas veces co cal introduciremos un punto e aparte.

Escribimos: 1. ¿Qué arquitecto construiu o actual Museo Galego de Arte Contemporáneo?  e prememos unha vez

  Escribimos: 2. ¿A carón de que outro museo está?   e prememos unha vez

Escribimos: 3. ¿En que datas se inaugurou e con cantas obras?

No xenerador veremos:

Cada vez que calcamos introducimos o código necesario para iso <br > (tamén o podemos facer manualmente),e na páxina Web xerada veremos (na imaxe inferior seleccionamos texto cor branco e fondo cor negro):

  No apartado "Recursos" podemos introducir ata 15 direccións de Internet sen máis que cubrir o campo descrición e a URL  correspondente.

Cremos que quince é un número de direccións de Internet suficiente na maioría dos casos, pero se un profesor quere engadir algunha dirección máis pode facelo. Supoñamos que queremos engadir os seguintes recursos:

Outros museos importantes:

Museo de Arte Moderna (MOMA). Nova York: http://www.moma.org
O Louvre: http://www.louvre.fr

Para iso no apartado "Máis ligazóns" poñeremos:

  Cada vez que queiramos engadir unha ligazón calcaremos en:  Ligazón  e apareceranos:

Descripción: <a href="http://ligazón"
target="_blank">http://ligazón</a>

onde substituiremos "Descrición" por exemplo por "Museo de Arte Moderna (MOMA).Nova York:" e "ligazón" por www.moma.org

En todos os apartados da tua Caza atoparás os botóns:

  •   Negriña  Ó pulsalo aparéceche <b>negriña</b>. Debes sustituir a palabra negriña polo texto que desexas que apareza en negriña. Por exemplo, se desexamos que a palabra Caza apareza en negriña debemos poñer: <b>Caza</b> e na páxina Web xenerada apareceranos Caza

  •  Cursiva Ó pulsalo aparéceche <i>cursiva</i>. Entre ditas etiquetas debes poñer o texto que desexas que apareza en cursiva.

Xerar a páxina web

Unha vez elaborado o teu proxecto debes seleccionar en primeiro lugar unha das seguientes opcións se desexas posteriormente imprimir o teu traballo:

Opcións de impresión para a páxina creada:

e Deseño de Caza para imprimir, sen marcadores e a toda páxina.
e Para imprimir o texto coa cor escollida e fondo blanco.

De forma predeterminada a páxina imprímese:

·         Con marcadores e deseño claro para que se lea ben en pantaia. 

·         O texto imprímese en negro sobre fondo blanco, sexan cales sexan as cores do texto e fondo seleccionados.

Tes dúas opcións para modificar o que está predeterminado:

1.      e Deseño de WebQuest para imprimir, sen marcadores e a toda páxina. 

2.      e Para imprimir o texto coa cor escollida e fondo blanco. Podes escoller que o texto se imprima coa cor escollida, pero advírtoche que o fondo vai ser sempre blanco (por defecto nos navegadores), polo cal ten en conta que se escolles unha cor clara de texto, pode que non se lea ben.

Por último has de pulsar en  CREA A CAZA DO TESOURO  , e ó  facelo poderás  ver o resultado do teu traballo na mesma xanela do navegador.

Non te preocupes se na páxina xerada non ves as imaxes inseridas, cando abras o arquivo definitivo A_miña_Caza.htm que nun terceiro paso gardarás na carpeta A_miña _Caza verás que as imaxes aparecen perfectamente.

   Se desexas cambiar algo que non te satisfai, volve á páxina do xerador pulsando o botón Atrás do teu navegador e, unha vez efectuadas as modificacións, volve a pulsar o botón  CREA A CAZA DO TESOURO 

Se desexas imprimir a tua páxina pulsa Arquivo/Imprimir no menú do teu navegador.

Gardar a páxina Web creada.

Garda a páxina co menú Arquivo/Gardar como.../Páxina web, só HTML.

A páxina así gardada se pode modificar con calquera programa de HTML (por exemplo  Dreamweaver , HTML Kit, Composer e FronPage).

Se desexas publicala en Internet simplemente has de subir ao servidor a carpeta A_miña_Caza con todo o seu contido, arquivos e imaxes ( se a publicas rogámosche que nos mandes a dirección para ligala desde a nosa páxina).

A páxina web creada con este xerador cumpre coas normas do World Wide Web Consortium relativas á linguaxe HTML 4.01. Pódese incluír o seguinte logo ao final da páxina creada:. De todas as formas, é conveniente validar a páxina na web do W3C: http://validator.w3.org/

 

Anterior