Esta sección da miña Web fíxose realidade gracias á amabilidade e os
coñecementos do meu paisano e reencontrado amigo da infancia
Alejandro Valero Fernández , profesor de Inglés do IES María Guerrero de
Collado Villalba (Madrid). Así mesmo
agradece a traducción ó galego polos bolseiros do Departamento de Lingua Galega
do Concello de Santiago e a coordinación de Amador Loureiro do Ciberlingua
http://www.ciberlingua.org"
Unha vez que aprendemos na
Aula Tecnológica Siglo XXI unha morea de cousas acerca das WebQuests é hora
de nos pór mans á obra e elaborar nós unha dunha forma sinxela.
Calquera persoa, sen máis coñecementos que saber utilizar o navegador, estando
conectada a Internet pode aquí elaborar on-line a súa propia WebQuest en forma
dunha páxina web.
IMPORTANTE NOVIDADE Nesta nova versión do xerador hai que destacar como principal mellora o feito de que mediante un único e sinxelo procedemento común gárdanse ben as actividades creadas en calquera navegador.
Vexamos catro exemplos de WebQuest creadas co xerador:
Como deseñar ben unha páxina web.
¿Como nos ven os fillos da Gran Bretaña?
Sacándolle partido a Google
¡¡Googleando!!
Este son eu
Cando os anxos choran
Mappe concettuali nella professione docente percorso dei auto formazione per insegnanti ed educatori, costruito
secondo il modello della "Webquest"
É
recomendable crear unha carpeta no teu disco duro onde gardarás a páxina web
xerada e onde previamente porás as imaxes que desexas incluír nela, arquivos
*.gif (poden ser animados) e *.jpg.
O formato GIF (Graphics Interchange Format) emprégase con imaxes de
256 cores, polo que é máis apropriado para iconas e debuxos. O método
de compresión que usa fai que non perda calidade, de modo que ao
descomprimir a imaxe queda como o orixinal sen premer.
O formato de compresión JPG (ou .jpeg, Joint Photographics Experts
Group) é adecuado para fotos de 16.7 millóns de cores. O grao de
compresión pódese regular ao gardar o arquivo neste formato, de
modo que máis calidade supón menos compresión. Para nos facer unha
idea sobre isto: unha foto de 800x600 en formato BMP ocupa uns
1.400 Kb, en JPG uns 75 Kb.
A creación da carpeta podes facelo desde O MEU PC de
Windows
e chamala
por exemplo
A_miña_WebQuest
. Para iso preme sobre
Ficheiro/Novo/Carpeta:
![]() |
Aparecerache:
|
A continuación seleccionaa co rato, calca sobre: Ficheiro>Cambiar nome e nomeaa
e nomeaa
por
exemplo
A_miña_WebQuest
ou o nome que máis che guste.
Só se precísan tres pasos para elaborar a túa WebQuest:
que
che explicamos pormenorizadamente a continuación, pero dada a súa simplicidade
se cadra resulta máis didáctico entres directamente ou o tentes sen máis, e se
tes dúbidas tornas ás explicacións despois de terlle botado unha primeira ollada.
Introducir
os datos nos campos correspondentes: Título do Proxecto, Autor/a,
Área, Nivel, Dirección de correo electrónico,
Palabras chave, Descrición, Introdución, Tarefa,
Proceso, Recursos, Avaliación, Conclusión e Créditos.
Se temos o texto escrito noutro documento electrónico podemos "Copiar" e “Pegar".
Todos
os campos (agás Autor/a, Área, e-mail e Nivel) son opcionais, non é
obrigatorio cubrilos, os que deixes en branco non aparecerán na páxina
Web xerada.
Descrición: É unha breve descrición da
páxina creada. Por exemplo: “WebQuest sobre as baleas para estudiantes
de primaria”. Esto mellora a búsqueda desta páxina mediante os
buscadores.
En
"Palabras chave" escribimos unha serie de palabras que servirán ós
motores de busca para que cataloguen a nosa páxina. As palabras e
expresións que utilicemos deben separarse por comas, por exemplo
webquest, ensino, actividades en Internet. Posteriormente, cando
un usuario acuda a un buscador e busque, por exemplo, a palabra
"WebQuest" ou a expresión "Actividades de ensino usando Internet",
obterá unha multitude de entradas, entre elas probablemente a da nosa
páxina e poderá visitala sen necesidade de saber previamente a sua
dirección de Internet.
Podes
seleccionar o tipo de letra, a cor do texto e a cor de fondo da páxina
marcando nas opcións correspondentes.
Na imaxe inferior vemos como un usuario seleccionou ( facendo clic na
opción correspondente ) Arial como
tipo de letra, marrón como cor do texto e branco como cor de fondo.
Se desexas
algunha cor que non está dispoñíbel podes
introducir o seu código. Na linguaxe HTML cada cor ten un código
formado por números e letras,
calca
aquí para ver unha lista de
códigos.
Se desexas algún tipo de letra que non está dispoñíbel podes introducir o seu nome no campo correspondente.
O seguinte menú despregábel ten unha listaxe cos nomes das fontes mais populares.
Teña en conta que cando o navegador dun visitante descarga unha páxina dun sitio web, só pode visualizar as fontes que están instaladas no seu sistema. ¿Que ocorre cando unha fonte dunha páxina non estea dispoñíbel no sistema do visitante? Visualízase entón a páxina coa fonte predeterminada do navegador (xeralmente, Times New Roman, Arial e Courier New en Windows e Estafes, Helvetica e Courier no sistema operativo Mac). Por iso nas súas páxinas Web, utilice aquelas fontes que poidan estar con maior probabilidade nos sistemas dos visitantes.
Podes
escoller tamén o tamaño de letra nun menú despregábel. Con iso cambiase
o tamaño do texto normal e os demais tamaños (o pequeno dos marcadores
e o maior do título) aparecerán nun tamaño proporcional ao que
escolleras.
Podes pór como fondo de páxina unha imaxe co fin de
facela máis atractiva e, en definitiva, de aumentar a motivación do
alumno, por exemplo a páxina que estás lendo usa unha imaxe como fondo.
Da mesma forma que podes pintar ou empapelar unha parede podes "empapelar" unha páxina cunha imaxe. Un Explorador normalmente realiza un mosaico cunha imaxe para cubrir o fondo por completo polo que non hai necesidade de usar unha imaxe grande. De feito canto menor sexa a imaxe, máis rápido será o proceso de descarga no explorador. A velocidade é sempre unha consideración importante, xa que os visitantes da túa páxina poderían pasarse a outra se a túa tarda demasiado tempo en se descargar. Non todas as imaxes poden usarse como fondo, por exemplo un gráfico pormenorizado da nave da Guerra das Galaxias pode non só dominar a pantalla, senón tamén facer que o texto da súa páxina sexa ilexíbel. As imaxes de fondo máis efectivas son pequenas e con texturas, que poden ser repetidas unha tras outra ata formar un fondo completo, proporcionando un fondo grato que non domine a páxina.
Para especificar
unha imaxe para o fondo da páxina debes escribir o nome do arquivo
gráfico que desexas pór como fondo de páxina por exemplo liñafondo.gif
no campo Textura: que
debes poñer previamente na carpeta A_miña_Webquest.
Podemos
inserir imaxes en todos os apartados da nosa WebQuest, o que merece
unha explicación detallada. Deamos por suposto que estes arquivos de
imaxe se encontran na carpeta A_miña_WebQuest , así para inserir
unha imaxe simplemente teremos que introducir o seu nome coa súa
extensión podendo escoller se desexamos que se aliñe á esquerda, no
centro ou á dereita.
Vexámolo cun exemplo:
Colocamos en A_miña _WebQuest a imaxe dedos.gif , e no campo Imaxe: pomos dedos.gif , se a aliñación escollida é Esq. aparecerá:
INTRODUCCIÓN: |
|
Se a aliñación escollida é Centro aparecerá:
INTRODUCCIÓN: |
Onde se lle proporciona ó alumno a información inicial da actividade e se lle trata de motivar e despertar mostrándolla atractiva e divertida. |
Se a aliñación escollida é Drta. aparecerá:
INTRODUCCIÓN: |
|
En todos os campos de texto onde pomos
a Introducción, a tarefa etc observarás que aparece o botón
o
que é moi importante para que nos quede un bo deseño. Este botón
permítenos ao premelo unha vez inserir un salto de liña, vexámolo cun
exemplo:
Supoñamos que a tarefa é:
Para que na nosa páxina final apareza así no campo de texto tarefa teclearemos:
Durante catro períodos de clase ides navegar por Internet (no instituto
e na casa). Coa axuda das informacións da Web ides a...
A continuación premeremos
dúas veces
asíl introduciremos un punto e
aparte.
Escribimos: 1.
Buscar un aloxamento céntrico e barato en Compostela. e prememos unha vez
Escribimos: 2.
Encontrar as atraccións turísticas máis importantes. e prememos unha vez
Escribimos:
3. Investigar en que medio de locomoción podedes chegar a
Compostela.
No xerador
veremos:
Cada vez que calcamos
introducimos o código necesario
para
iso <br > (tamén o podemos facer manualmente),e na páxina Web xerada
veremos:
Tarefa: | Durante catro períodos de clase ides navegar por Internet
(no instituto e na casa). Coa axuda das informacións da Web ides a...
|
No apartado "Recursos" podemos introducir ata 15
direccións de Internet sen máis que cubrir o campo descrición e a URL
correspondente.
Cremos
que quince é un número de direccións de Internet suficiente na maioría
dos casos, pero se un profesor quere engadir algunha dirección máis
pode facelo. Supoñamos que queremos engadir os seguintes recursos:
Outros museos importantes: Museo de Arte Moderna (MOMA). Nova York: http://www.moma.org O Louvre: http://www.louvre.fr |
Para iso no apartado "Máis ligazóns" poñeremos:
|
Cada vez que queiramos engadir unha ligazón calcaremos en: Ligazón e apareceranos:
Descripción: <a href="http://ligazón"
target="_blank">http://ligazón</a>
onde substituiremos "Descrición" por exemplo por "Museo de Arte Moderna (MOMA).Nova York:" e "ligazón" por www.moma.org
En
todos os apartados da tua WebQuest atoparás os botóns:
Negriña Ó pulsalo aparéceche <b>negriña</b>. Debes sustituir a palabra negriña polo texto que desexas que apareza en negriña. Por exemplo, se desexamos que a palabra WebQuest apareza en negriña debemos poñer: <b>Caza</b> e na páxina Web xenerada apareceranos WebQuest
Cursiva Ó pulsalo aparéceche <i>cursiva</i>. Entre ditas etiquetas debes poñer o texto que desexas que apareza en cursiva.
Xerar a páxina web.
Unha vez elaborado o teu proxecto debes seleccionar en primeiro lugar unha das seguientes opcións se desexas posteriormente imprimir o teu traballo:
Opcións de impresión para a WebQuest creada: |
e
Deseño de
WebQuest para imprimir, sen marcadores e a toda páxina. |
De forma predeterminada a páxina imprímese:
· Con marcadores e deseño claro para que se lea ben en pantaia.
· O texto imprímese en negro sobre fondo blanco, sexan cales sexan as cores do texto e fondo seleccionados.
Tes dúas opcións para modificar o que está predeterminado:
1. e Deseño de WebQuest para imprimir, sen marcadores e a toda páxina.
2. e Para imprimir o texto coa cor escollida e fondo blanco. Podes escoller que o texto se imprima coa cor escollida, pero advírtoche que o fondo vai ser sempre blanco (por defecto nos navegadores), polo cal ten en conta que se escolles unha cor clara de texto, pode que non se lea ben.
Por último has de pulsar en CREAR A WEBQUEST , e ó facelo poderás ver o resultado do teu traballo na mesma xanela do navegador.
Non
te
preocupes se na páxina xerada non ves as imaxes inseridas, cando abras
o arquivo definitivo A_miña_Webquest.htm que nun terceiro paso
gardarás na carpeta A_miña _WebQuest verás que as imaxes
aparecen perfectamente.
Se desexas cambiar algo que non te satisfai,
volve á páxina do xerador pulsando o botón Atrás do teu
navegador e, unha vez efectuadas as modificacións, volve a pulsar o botón
CREAR A WEBQUEST
Se desexas imprimir a tua páxina pulsa Arquivo/Imprimir no
menú do teu navegador.
Gardar
a páxina Web creada.
Garda a páxina co menú
Arquivo/Gardar como.../Páxina
web, só HTML.
A páxina así gardada se pode modificar con calquera programa de HTML (por exemplo Dreamweaver ,
HTML Kit, Composer e FronPage).
Se
desexas publicala en Internet simplemente has de subir ao servidor a
carpeta A_miña_WebQuest con todo o seu contido, arquivos e
imaxes ( se a publicas rogámosche que nos mandes a dirección para
ligala desde a nosa páxina).
A páxina web creada con este xerador
cumpre coas normas do World Wide Web Consortium relativas á linguaxe
HTML 4.01. Pódese incluír o seguinte logo ao final da páxina creada:
.
De todas as formas, é conveniente
validar a páxina na web do W3C: http://validator.w3.org/
Por favor a túa opinión interésanos, unha vez utilizases "1,2,3 a túa WebQuest" rechea a seguinte enquisa: