O Xerador on-line para
crear as túas
Cazas de tesouros e a súa correspondente páxina de axuda acerca da súa
utilización está tamén dispoñibel en castelán, inglés, catalá e italiano, elixe o idioma que desexes:
Agradece a
traducción ó galego polos bolseiros do Departamento de
Lingua Galega do Concello de Santiago e a coordinación
de Amador Loureiro do Ciberlingua
http://www.ciberlingua.org"
É hora de nos pór mans á obra e elaborar nós
unha "Caza de tesouros" dunha forma guiada moi sinxela.
Calquera persoa,
sen
máis coñecementos que saber utilizar o navegador, estando conectada a
Internet pode aqui elaborar on-line a súa própria "Caza de Tesouros"
ben en forma de folla de traballo para ser impresa ou en forma dunha
páxina Web. IMPORTANTE
NOVIDADE Nesta
nova versión do xerador hai que destacar como principal
mellora o feito de que mediante un único e sinxelo
procedemento común gárdanse ben as actividades creadas
en calquera navegador.
É
recomendable crear unha carpeta no teu disco duro onde gardarás a páxina web
xerada e onde previamente porás as imaxes que desexas incluír nela, arquivos
*.gif (poden ser animados) e *.jpg.
O formato GIF (Graphics Interchange Format) emprégase con imaxes de
256 cores, polo que é máis apropriado para iconas e debuxos. O método
de compresión que usa fai que non perda calidade, de modo que ao
descomprimir a imaxe queda como o orixinal sen premer.
O formato de compresión JPG (ou .jpeg, Joint Photographics Experts
Group) é adecuado para fotos de 16.7 millóns de cores. O grao de
compresión pódese regular ao gardar o arquivo neste formato, de
modo que máis calidade supón menos compresión. Para nos facer unha
idea sobre isto: unha foto de 800x600 en formato BMP ocupa uns
1.400 Kb, en JPG uns 75 Kb.
A creación da carpeta podes facelodesde O MEU PC de
Windows
e chamala
por exemploA_miña_Caza.
Para iso preme sobre
Ficheiro/Novo/Carpeta:
Aparecerache:
A
continuación
selecciónaa co rato, calca sobre: Arquivo>Cambiar nome e
nomeaa por exemplo
A_miña_Caza ou o nome que
máis che guste.
Só se precisan tres pasos para elaborar a tua Caza: que che explicamos
pormenorizadamente a
continuación, pero dada a súa
simplicidade se cadra resulte máis didáctico que entres directamente ou
o intentes sen máis e se tes dúbidas tornas ás explicacións despois de
terlle botado unha primeria ollada.
Introducir
os datos nos campos correspondentes: Título do Proxecto, Autor/a,
Área, Nivel, Dirección de correo electrónico,
Palabras chave, Descrición, Introdución, Tarefa,
Proceso, Recursos, Avaliación, Conclusión e Créditos.
Se
temos o texto escrito noutro documento electrónico podemos "Copiar" e
“Pegar".
Todos
os campos (agás Autor/a, Área, e-mail e Nivel) son opcionais, non é
obrigatorio cubrilos, os que deixes en branco non aparecerán na páxina
Web xerada.
Descrición:
É unha breve descrición da páxina creada. Por exemplo: “Caza do
tesouro sobre as baleas para estudiantes de primaria”. Esto mellora a
búsqueda desta páxina mediante os buscadores.
En
"Palabras chave" escribimos unha serie de palabras que servirán ós
motores de busca para que cataloguen a nosa páxina. As palabras e
expresións que utilicemos deben separarse por comas, por exemplo
caza do tesouro, ensino, actividades en Internet. Posteriormente,
cando un usuario acuda a un buscador e busque, por exemplo, a palabra
"Caza" ou a expresión "Actividades de ensino usando Internet",
obterá unha multitude de entradas, entre elas probablemente a da nosa
páxina e poderá visitala sen necesidade de saber previamente a sua
dirección de Internet.
Podes
seleccionar o tipo de letra, a cor do texto e a cor de fondo da páxina
marcando nas opcións correspondentes.
Na imaxe inferior vemos como un usuario seleccionou ( facendo clic na
opción correspondente )
Arial como
tipo de letra, marrón como cor do texto e branco como cor de fondo.
Se desexas
algunha cor que non está dispoñíbel podes
introducir o seu código. Na linguaxe HTML cada cor ten un código
formado por números e letras,
calca
aquí para ver unha lista de
códigos.
Se
desexas algún tipo de letra que non está dispoñíbel podes introducir o
seu nome no campo correspondente.
O
seguinte menú despregábel ten
unha listaxe
cos nomes
das fontes
mais populares.
Teña en conta
que cando o navegador dun visitante descarga unha páxina dun sitio web,
só pode visualizar as fontes que están instaladas no seu sistema. ¿Que
ocorre cando unha fonte dunha páxina non estea dispoñíbel no sistema do visitante? Visualízase entón a páxina
coa fonte predeterminada do navegador (xeralmente, Times New Roman,
Arial e Courier New en Windows e Estafes, Helvetica e Courier no
sistema operativo Mac). Por iso nas súas páxinas Web, utilice aquelas
fontes que poidan estar con maior probabilidade nos sistemas dos
visitantes.
Podes
escoller tamén o tamaño de letra nun menú despregábel. Con iso cambiase
o tamaño do texto normal e os demais tamaños (o pequeno dos marcadores
e o maior do título) aparecerán nun tamaño proporcional ao que
escolleras.
Podes pór como fondo de páxina unha imaxe co fin de
facela máis atractiva e, en definitiva, de aumentar a motivación do
alumno, por exemplo a páxina que estás lendo usa unha imaxe como fondo.
Da mesma forma que podes pintar ou
empapelar unha parede podes "empapelar" unha páxina cunha imaxe. Un
Explorador normalmente realiza un mosaico cunha imaxe para cubrir o
fondo por completo polo que non hai necesidade de usar unha imaxe
grande. De feito canto menor sexa a imaxe, máis rápido será o proceso
de descarga no explorador. A velocidade é sempre unha consideración
importante, xa que os visitantes da túa páxina poderían pasarse a outra
se a túa tarda demasiado tempo en se descargar. Non todas as imaxes
poden usarse como fondo, por exemplo un gráfico pormenorizado da nave
da Guerra das Galaxias pode non só dominar a pantalla, senón tamén
facer que o texto da súa páxina sexa ilexíbel. As imaxes de fondo máis
efectivas son pequenas e con texturas, que poden ser repetidas unha
tras outra ata formar un fondo completo, proporcionando un fondo grato
que non domine a páxina.
Para especificar
unha imaxe para o fondo da páxina debes escribir o nome do arquivo
gráfico que desexas pór como fondo de páxina por exemplo liñafondo.gif
no campo Textura: que
debes poñer previamente na carpeta A_miña_Caza.
Podemos
inserir imaxes en todos os apartados da nosa WebQuest, o que merece
unha explicación detallada. Deamos por suposto que estes arquivos de
imaxe se encontran na carpeta A_miña_WebQuest , así para inserir
unha imaxe simplemente teremos que introducir o seu nome coa súa
extensión podendo escoller se desexamos que se aliñe á esquerda, no
centro ou á dereita.
Vexámolo
cun exemplo:
Colocamos en A_miña
_WebQuest a imaxe dedos.gif , e no campo Imaxe:
pomos dedos.gif , se a aliñación escollida é Esq.
aparecerá:
INTRODUCCIÓN:
Onde se lle proporciona ó
alumno a información inicial da actividade e se lle trata de motivar e
despertar mostrándolla atractiva e divertida.
Se a aliñación
escollida é Centro aparecerá:
INTRODUCCIÓN:
Onde se lle proporciona ó
alumno a información inicial da actividade e se lle trata de
motivar e despertar mostrándolla atractiva e divertida.
Se a aliñación
escollida é Drta. aparecerá:
INTRODUCCIÓN:
Onde se lle proporciona ó alumno a
información inicial da actividade e se lle trata de motivar e
despertar mostrándolla atractiva e divertida.
Se o arquivo de
imaxe estivera dentro dunha carpeta chamada imaxes que á súa
vez está dentro da carpeta A_miña_Caza, teríamos que poner: imaxes/nomeImaxe.jpg
En todos os campos de texto onde pomos
a Introducción, a tarefa etc observarás que aparece o botón
o
que é moi importante para que nos quede un bo deseño. Este botón
permítenos ao premelo unha vez inserir un salto de liña, vexámolo cun
exemplo:
Supoñamos que
queremos poñer no apartado Preguntas o seguinte:
Responde no teu caderno ás seguintes
preguntas:
1. ¿Qué arquitecto construiu o actual
Museo Galego de Arte Contemporáneo?
2. ¿A carón de que outro museo está?
3. ¿En que datas se inaugurou e con cantas obras?
Para que na nosa
páxina final apareza así no campo de texto Preguntas
teclearemos:
Responde
no teu caderno ás
seguintes preguntas:
A continuación pulsaremos dúas veces
co cal introduciremos un punto
e aparte.
Escribimos: 1. ¿Qué arquitecto construiu o
actual Museo Galego de Arte Contemporáneo? e prememos unha vez
Escribimos: 2. ¿A carón de que outro
museo está? e
prememos unha vez
Escribimos: 3. ¿En que datas se inaugurou e
con cantas obras?
No
xenerador veremos:
Cada
vez que calcamos
introducimos o código
necesario para
iso <br > (tamén o podemos facer manualmente),e na páxina Web xerada
veremos (na imaxe inferior
seleccionamos texto cor branco e fondo cor negro):
No apartado "Recursos" podemos introducir ata 15
direccións de Internet sen máis que cubrir o campo descrición e a URL
correspondente.
Cremos
que quince é un número de direccións de Internet suficiente na maioría
dos casos, pero se un profesor quere engadir algunha dirección máis
pode facelo. Supoñamos que queremos engadir os seguintes recursos:
onde
substituiremos "Descrición" por exemplo por "Museo de Arte
Moderna (MOMA).Nova York:" e "ligazón" por www.moma.org
En
todos os apartados da tua Caza atoparás os botóns:
Negriña
Ó
pulsalo aparéceche <b>negriña</b>. Debes sustituir a palabra negriña
polo texto que desexas que apareza en negriña. Por exemplo, se desexamos
que a palabra Caza apareza en negriña debemos poñer: <b>Caza</b> e na
páxina Web xenerada apareceranosCaza
Cursiva
Ó
pulsalo aparéceche <i>cursiva</i>. Entre ditas etiquetas debes poñer o
texto que desexas que apareza en cursiva.
Xerar
a páxina web
Unha
vez elaborado o teu proxecto debes seleccionar en primeiro lugar unha das
seguientes opcións se desexas posteriormente imprimir o teu traballo:
Opcións de
impresión para a páxina creada:
eDeseño de Caza
para imprimir, sen marcadores e a toda páxina.
ePara imprimir o texto coa cor escollida e fondo blanco.
De forma
predeterminada a páxina imprímese:
·Con
marcadores e deseño claro para que se lea ben en pantaia.
·O texto
imprímese en negro sobre fondo blanco, sexan cales sexan as cores do texto e
fondo seleccionados.
Tes
dúas opcións para modificar o que está predeterminado:
1.e
Deseño de WebQuest para imprimir, sen marcadores e a toda páxina.
2.e
Para imprimir o texto coa cor escollida e fondo blanco. Podes escoller que o
texto se imprima coa cor escollida, pero advírtoche que o fondo vai ser sempre
blanco (por defecto nos navegadores), polo cal ten en conta que se escolles unha
cor clara de texto, pode que non se lea ben.
Por último has de
pulsar en CREA A CAZA DO
TESOURO ,
e ó facelo poderás ver o resultado do teu traballo na mesma xanela do
navegador.
Non
te
preocupes se na páxina xerada non ves as imaxes inseridas, cando abras
o arquivo definitivo A_miña_Caza.htm que nun terceiro paso
gardarás na carpeta A_miña _Caza verás que as imaxes
aparecen perfectamente.
Se desexas
cambiar algo que non te satisfai, volve á páxina do xerador pulsando o botón Atrás do teu navegador e, unha vez efectuadas as modificacións, volve
a pulsar o botón CREA A CAZA DO
TESOURO
Se desexas
imprimir a tua páxina pulsa Arquivo/Imprimir no menú do teu navegador.
Gardar
a páxina Web creada.
Garda a páxina
co menú Arquivo/Gardar
como.../Páxina
web, só HTML.
A páxina así gardada se pode modificar con calquera programa de HTML (por exemplo Dreamweaver ,
HTML Kit, Composer e FronPage).
Se
desexas publicala en Internet simplemente has de subir ao servidor a
carpeta A_miña_Caza con todo o seu contido, arquivos e
imaxes ( se a publicas rogámosche que nos mandes a dirección para
ligala desde a nosa páxina).
A páxina web creada con este xerador
cumpre coas normas do World Wide Web Consortium relativas á linguaxe
HTML 4.01. Pódese incluír o seguinte logo ao final da páxina creada:.
De todas as formas, é conveniente
validar a páxina na web do W3C: http://validator.w3.org/